Ramiro Ledo Cordeiro (Lugo, 1981). Realizador e montador independente. Cofundador
e director até 2007 do Cineclube de Compostela e de tres números de Ariel,
boletín de cinema en galego
. Catalogador do arquivo histórico audiovisual de TVE-Galicia,
Máster de documental creativo (UAB) e DEA en Estudos sobre cinema contemporáneo (UPF,
tesiña Filmar a Historia a partir de Peter Weiss). Colaborador en distintos medios, entre eles
a Radio Galega, Xornal de Galicia, Blogsandocs e Asociación Lumière.

Desde 2014 son socio traballador fundador de NUMAX, S. Coop. Galega, onde son responsábel
da coordinación xeral e do cinema NUMAX.

Filmografía:
CCCV-Cineclube Carlos Varela (2005)
O proceso de Artaud (2010) -curta-
Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo (con Pablo Cayuela, 2011) -curta-
VidaExtra (2013)